Rodrigo Cortés / Dirección

Rodrigo Cortés

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Rodrigo Cortés
Rodrigo Cortés
Dirección

Ourense 1973   



Rodou a súa primeira curtametraxe con dezaseis anos. Despois faría un videoclip para Abre los ojos, de Alejandro Amenábar. En 1998 realizou a curtametraxe Yul que recibiu unha vintena de premios e se emitiu en cadeas de diversos países. En 2001 estreou 15 Días, a cal acadou 57 galardóns internacionais e se converteu na curta máis premiada da Historia do Cine Español. Ademais, ten creado realizacións para Internet e para publicidade. Concursante foi a súa primeira longametraxe.

Premios e recoñecementos: Ademais de numerosos galardóns por 15 Días e Yul, esta última foi premiada co Universal Studios Award, a raiz do cal o seu director pasou dúas semanas nos estudios Universal de Los Ángeles realizando un Filmmaster. En 2001 o realizador foi seleccionado polo programa de TVE Versión Española para participar na primeira edición en España de Los diminutos del calvario. Recibiu recoñecementos en encontros en Internet como o Premio Imacinet á mellor peza. O seu filme Buried foi en 2011 un dos catro candidatos ao Goya á mellor película do ano, nos premios que concede a Academia do Cine española. Cortés foi candidato ademais nas categorías de mellor dirección, mellor montaxe e mellor canción orixinal.


FILMOGRAFÍA

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Rodrigo Cortés (17)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org